Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)

Felix Cebreiro

Miña nai, miña terra (feat Antonio Barros)
Letra y música: Félix Cebreiro

Son coma ti da terra das sombras
Onde o mar canta coas ondas.
a néboa agocha súa paisaxe
Miña Terra, nosa terra.

O meu fogar é o teu fogar
Miña voz leva o teu cantar
Porque sempre terás a miña man.

Miña nai, miña terra
Meu remanso de paz
Onde os nubrados deixan ocos
Pa que as estrellas poidan brillar.
Sae o sol amodiño
E a lúa despaciño
Que o amancer ten un canto
que o solpor quere cantar.
Miña nai, miña terra
Onde os soños veñen e van
Os recordos van andando
E as saudades andando van.
Sae o sol amodiño
E a lúa despaciño
O sorriso da súa xente
Acompaña o meu cantar.

Son de onde nacen os aromas
Onde o orballo molla o verde
O alecrín doura a súa paisaxe
Miña Terra, nosa terra.

O meu fogar é o teu fogar
Miña voz leva o teu cantar
Porque sempre terás a miña man.

Curiosità sulla canzone Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros) di Marietta

Chi ha composto la canzone “Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)” di di Marietta?
La canzone “Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)” di di Marietta è stata composta da Felix Cebreiro.

Canzoni più popolari di Marietta

Altri artisti di Middle of the Road (MOR)