A Vida Pirata
A vida pirata é a vida mellor
cambiamos licorka por ron
sen brúxula pero co vento a favor
viva a revolución.
Dende Fisterra a Monteferro
as Rías Baixas cruzámolas a dedo,
sen mapas do tesouro
e sen medo a naufragar,
nunca fomos de fiar.
Con vento firme e forte vela
agochamos un botín na bodega,
sen rumbo fixo e sen bandeira
guíanos a santa caveira.
É o meu barco o meu tesouro,
a miña deusa a liberdade,
a miña lei o vento ó soprar,
a miña patria o mar.
Sen capitán á abordaxe,
bandeira negra en alta mar,
con cen canóns e mil tatuaxes
aínda queda LK.
Óense voces de borrachos
entre berros e quimeras,
cada noite decidimos
o porvir que nos espera,
onde manda mariñeiro
non manda capitán
viva a internacional.
Sen capitán á abordaxe,
bandeira negra en alta mar,
con cen canóns e mil tatuaxes
aínda queda ron para brindar.
Sen capitán á abordaxe,
bandeira negra en alta mar,
con cen canóns e mil tatuaxes
aínda queda LK.
Queren afundir o barco
teñen un problema.